sábado, 24 de octubre de 2009

Xiana e Bone

Onte viñeron a cear á noso fogar as persoas coas que titulo esta entrada. Eu non son moi amiga das relaciones sociales, que dánseme moi ben pero provócanme moitísima ansiedade co seu corresposdente malestar. Estando cunhas dores infernais dende hai días todo apuntaba a que a velada sería incómoda para mín. Para intentar darlle unha volta a este panorama fixen o que adoitan facer tódalas nais cando levas ou levan a alguén á casa, que non é outra cousa que darlle unha lavada de cara para que polo menos pareza unha casa decente. Moito non había que facer e o tempo tamén excaseaba, así que fixen o mínimo e púxenme a fregar os bártulos empregados por Serxio para ir preparando a cea. Cando chegaron encheron a casa de moitos cores. Xiana ten unha sonrisa preciosa e unha mirada que expresa moitísimas cousas. Bone é por así decilo un tipo majete, pero non majete de segunda eh! Entraron na cociña da nosa casa tod@s felech@s e así puxéronme a mín. Pouco a pouco rematamos de facela comida entre conversas e algúns tragos. Agora tocaba degustar a tortilla e a ensalada que estaban deliciosas, todo isto entre risas, conversas. Como era de esperar tomamos algún licor por aquelo de baixar a comida. E mentres estábamos de sobremesa contándonos cousiñas un accidente na rúa fíxonos sair da tranquilidade e inmiscuiu a algúns/algunhas de nos nunha investigación do suceso tipo CSI que rematou sen resolver pero con moitas risas. En fin, todo isto que acabo de contar é para poñer as miñas cartas sobre a mesa e decirme a mín misma que a pesar de non coñecer de nada á xente coa que vou estar non debo ter medo ó que poda suceder. Se onte ese medo houbéseme vencido non taría coñecido a unhas persoas maravillosas que son Bone e Xiana, cos que espero compartir moitos momentos máis.

No hay comentarios.: