sábado, 6 de junio de 2009

¿Ourense?

Iso foi o primeiro que rectificaches na pizarra branca da nosa casa hai uns seis días cando facía soamente un día antes que pensei en darte tres bicos en lugar de dous ao encontrarnos, para ir a visitar un/ha amig@ de Ourense e así ir ás burgas naurais. Antes de facelo avisei de que o número tomado por norma xeral para dar bicos estaba modificado, e aínda así encontreime con certa expresión de sorpresa pero non de estrañeza. Ese bico levounos a outros, que ían subindo e baixando de intensidade ao igual que o fan as rúas de Santiago. Sí, ao final tivémonos que quedar en Santiago porque a rapaza que íamos visitar tivera algún enredo, do que non me lembro nunca porque son un desastre. E tamén porque cada día que pasa agradezo máis que pasásemos o día en Santiago coa noite que lle seguiu, para vir á praia a Ferrol ao día seguinte. Que era un bó plan do que eu saía moi beneficiada porque así non tiña que vir eu en bu ata Ferrol, e íamos ao solciño dunha duna na que se estaba moi ben e na que calmamos a sede e a fame que nos acompañan dende o primeiro momento sempre que estamos xuntos.

Os días van pasando e cada vez parécenme máis incribles as cousas que nos pasan. Para min en numerosas ocasións hai coma un lazo que nos une polo cordón umbilical e polos arredores fórmase unha capa densa, fluída, tibia, deformable, irrompible, extensísima, branca translúcida e nalgúns lugares reflectía algunha cor, que nos pasa para dentro e nos da a luz branca, pero sempre hai algunha que pasa aínda que sexa gris ou case negra porque en ningún lugar chega a estar opaca para que reflicte a cor negra.

Volvendo á terra quero dicir que es unha das persoas máis especiais que coñecín en toda a miña vida, desas persoas que unha vez que as coñeces nunca as deixas de lembrar e tal e coma penso eu, nunca deixan de lembrarse de ti. Coma te dixen hai unhas horas, gustaría que estivésemos xunto/as toda a vida, pero se por algunha razón deixamos de ir en camiñiños xuntos ou paralelos, poderás contar comigo co todo o meu corazón.

Ayyy, móveste na miña cama e dáme mágoa nom haber durmido contigo, pero o insomnio e as ganas de escribir esto puideron comigo e aquí estou esperando a unha hora decente para ir a facerche compaña. Parece mentira que nos coñecésemos hai unha semana porque é coma se nos coñecésemos de toda a vida e os nosos corpos o reflexan cando estamos xunto/as. A verdade é que a primeira vez que nos vimos foi a finais de decembro do 2007, non recordo o día exacto, pero teño fotos que inmortalizaron o día, vou poñer unha que non é das máis bonitas pero foi o primeiro feito entre amb@s.

Quérote meu amor, nun ratiño irei a abrazarte.

PD: Nota si quereis os lo traduzo al español :)