Hoxe é un día coma outro calquera no que experimento unha sensación que por moitas veces que se repita nunca deixa de sorprenderme. Cando penso nunha das persoas coas que comparto a miña vida estreméceseme o corpo e sinto ledicia, serenidade, ilusión, amor, protección, seguridade, vitalidade, paz, satisfacción e algo máis para o que non encontro outra palabra mellor que maxia. E cando esa persoa está ó meu carón experimento tamén esa sensación por moi mal que eu este física-mental-emocionalmente. O mellor de todo e comtemplar na sua cara esa expresión de felicidade extrema cando me mira, sentir con ela o amor que sinte hacia mín. E non sei se a miña cara expresará o mesmo o que sí sei é que o meu corazón así o sinte cando nos miramos.
No hay comentarios.:
Publicar un comentario